Xa somos 616 persoas que apoiamos a proposta veciñal
Movemento veciñal por unha proposta xusta que aposta pola rehabilitación do edificio e:
- • Vivenda pública e accesible para xente nova.
- • Escola infantil pública no Ensanche.
- • Centro de día para persoas maiores.
- • Espazo verde público que funcione como refuxio climático.
Para dar o teu apoio e manterte informado/a:
ESTIMADO GOBERNO,
SÓ FAI FALTA UN POUCO DE VISIÓN
A PROPOSTA VECIÑAL
Movemento veciñal independente e apolítico que busca un modelo de cidade sostenible. A proposta inclúe:
- • Non demoler, rehabitar: é máis ecolóxico sen riscos para a saúde pública.
- • Crear espazos de conciliación: un centro de día para maiores e unha escola infantil pública.
- • Converter a praza nun parque aberto, que funcione como refuxio climático e eixo de humanización do Ensanche.
- • Apostar por vivenda protexida e pública, cun número superior ao previsto polo actual goberno.
- • Que o proxecto sexa exemplar, escollido por concurso de arquitectos internacional.
- • Rehabilitar as rúas do entorno para dinamizar o comercio local e fomentar o tránsito nas rúas colindantes.